miércoles, 22 de febrero de 2017

Saída a Pontevedra

Hoxe tivemos unha saída a Pontevedra.
Primeiro fumos cunha guía de visita pola cidade percorrendo algunha das súas prazas máis coñecidas como a praza da Leña, da Verdura, do Teucro...
Tamén vimos a casa do pirata Benito, que aínda de non ter un nome moi temible, soterrou un tesouro na cidade de Pontevedra que aínda non se atopou.
Ás once e media vimos o museo de Pontevedra no que nos deron unha guía de actividades para desfrutar máis da súa exposición.


No hay comentarios:

Publicar un comentario