sábado, 29 de diciembre de 2018

Animais

Podemos clasificar aos animais de moitas formas:se teñen esqueleto; vertebrados e invertebrados; pola súa alimentación(carnívoros, herbivoros ou omnivoros);polo seu nacemento (mamíferos e oviparos); ou por o lugar onde viven ( acuáticos e terrestres).

miércoles, 19 de diciembre de 2018

Balaídos

O día 12 de decembro fumos coa fundación Celta a visitar Balaídos. Gustounos moito ver o estadio por dentro e visitar as instalacións.

Balaídos on PhotoPeach

Galletas con Rosa

A semán pasada fixemos unhas galletas cos compañeiros de sexto. Pasámolo xenial cociñando e seguindo a receta. Velaí as fotiños Galletas con Rosa on PhotoPeach

viernes, 7 de diciembre de 2018

Secuencias temporais

Aquí vos deixo un enlace por si queredes traballar as historias orais. Algunhas delas son simpáticas e seguro que vos gustarán

lunes, 26 de noviembre de 2018

Quincena do comic

O xoves pasado coñecimos aos padriños e madriñas de 4ºC. Pasamos un bo rato aprendendo sobre personaxes do cómic que viaxaron polo mundo. Velaí as fotiños Quincena do cómic 18/19 on PhotoPeach

viernes, 16 de noviembre de 2018

Fotos da saída do parque

Hoxe fumos ao parque de bombeiros de Teis. Tivemos a sorte de que Jorge, David e Joaquín nos ensinasen as instalación. Primeiro deixáronos probar a mangueira e vimos que tiñan varias posición: unha para baixar a temperatura e outra para atacar o lume. Depois vimos as tesoiras que teñen para poder cortar a chapa nos accidentes de tráfico e tamén subimos ao coche de bombeiros. Tamén nos deixaron baixar pola cucaña e por último fomos ao ximnasio. Pasámolo de maravilla! Fotos bombeiros 1ºC primeira parte on PhotoPeach Saida bombeiros 1º C- segunda parte on PhotoPeach

miércoles, 14 de noviembre de 2018

Parque de bombeiros

Este venre visitaremos cos compañeiros de 1ºA o parque de bombeiros de Teis. Para saber un pouco máis sobre eles pincha aquí. Tamén teñen unha páxina en Facebook na que falan da súa labor coma asociación. Se queredes saber máis de maquinaria de bombeiros tedes aquí un enlace e tamén vos deixo algo sobre a súa historia.

O magosto

O luns tivemos o noso magosto no cole. Pasámolo moi ben comendo castañas e xogando cos amigos. O magosto on PhotoPeach

jueves, 8 de noviembre de 2018

O dia de Samaín

O pasado dia 31 celebramos o Samaín no cole vindo disfrazados. A última hora contamos contos de medo e fixemos trick or treat en inglés con Laura. Samáin en 1ºC on PhotoPeach

viernes, 26 de octubre de 2018

Castañas

Hoxe fixemos uns monecos de castañas xa que estamos en outono. Primeiro pintámoslle uns ollos e a boca. Por último puxémoslle uns brazos e pernas.
Velaí as fotiños!

jueves, 25 de octubre de 2018

Taller dos sentidos

Este mércores fixemos na hora de ciencias naturais un taller sobre os sentidos.
Cada grupo trouxo un obxecto para ulir, tocar, degustar ou oir .
Pasárono moi ben con todo o que fixemos!

Taller dos sentidos on PhotoPeach Xogo dos sentidos

martes, 9 de octubre de 2018

Los cerdos

https://www.youtube.com/watch?v=EU05jM7sjpw&feature=youtu.be


Na clase de valores estivemos a traballar este conto feito por Anthony Blake no que nos fala dunha familia na que os fillos e o pai non axudan nada nas tarefas da casa.
Ao traballar o conto estivemos a ver qué cousas podemos facer nos na casa para axudar como por exemplo recoller os xoguetes ou os nosos zapatos. Cando falamos da división do resto do traballo da casa (varrer, pasar o ferro a roupa, poñer lavadoras, etc) foi moi sorprendente a diferencia que había entre o que fan as nais e o que fan os país. Queda moito camino por percorrer neste sentido!

miércoles, 3 de octubre de 2018

miércoles, 20 de junio de 2018

Castelo de Soutomaior

E por fín chegou o día... Despois de dous cursos carteándonos co CEIP Outeiro das Penas de Redondela chegou o momento de coñecernos en persoa. Os cursos de 6ºB, 6ºD e 5ºA do noso colexio fomos a coñecer aos nosos amigos por carta no castelo de Soutomaior. Ao principio estivemos un pouco vergoñentos pero mereceu a pena porque pasámolo xenial. Castelo de Soutomaior on PhotoPeach

martes, 19 de junio de 2018

Paracaidas

Hoxe fixémos unha serie de xogos co paracaidas con Fernando. Se pinchades no enlace poderedes ver o video. https://youtu.be/HUccOejs_E8 Paracaidas on PhotoPeach

Charla de Rede de Mulleres

Onte tivemos unha charla da Rede de Mulleres Maltratadas. Faláronnos da importancia da comunicación verbal e non verbal e dos diferentes tipos de comunicación: agresivo, pasivo e asertivo. Ademáis diso fixémos uns cantos xogos de rol que gustáronnos moito.

lunes, 18 de junio de 2018

Avións de papel

O venres recibimos a vista do autor de Avións de papel, Xabier Estévez quen respondeu a tódalas preguntas e dúbidas que tiñamos sobre o libro. Avións de papel on PhotoPeach

miércoles, 30 de mayo de 2018

Pilleite Carapuchiña!

E por fin despois de semáns de ensaios, sudores e nervios chegou o día.
Hoxe estreamos a nosa obra de teatro que tanto nos levou. Os actores fixérono moi ben, o único pero é que deben perder eses nervios e falar máis despaciño.
O próximo mércores será o momento da estrea diante da familia.
Esperemos que lles guste moito!


Pilleite Carapuchiña! on PhotoPeach

miércoles, 9 de mayo de 2018

Educación Vial

Hoxe tivemos a saída de educación vial para ser máis conscientes na hora de movernos pola cidade en bicicleta ou a pé. Educación Vial on PhotoPeach

viernes, 27 de abril de 2018

Día do libro

O xoves celebramos o día do libro apadriñando aos nosos compañeiros de 2ºD. Fixémoslle un pequeno agasallo de marcapáxinas para os nosos afillados e limos un libro xuntos. Día do libro 6ºD-2ºD on PhotoPeach

lunes, 16 de abril de 2018

Circuitos eléctricos

Para rematar a unidade de Naturais sobre a electricidade fixemos uns cantos circuitos. Velaí unhas fotos dos nosos traballos Circuitos eléctricos on PhotoPeach Tamén fixemos unha pequena exposición aos compañeiros de 2ºA que están a facer experimentos na súa aula. Estiveron moi atentos as nosas exposicións. Exposición dos circuitos on PhotoPeach

Di non as drogas

Como parte do programa contra a drogadicción estamos a recibir unhas charlas informativas sobre os diferentes tipos de drogas e os problemas que poden ocasionar.

viernes, 6 de abril de 2018

Vigueses Distinguidos

Co galo do día da Reconquista o concello de Vigo nomea os Vigueses Distinguidos, e este ano o noso centro foi galardoado. Aquí tedes a foto da nosa clase co premio

Obradoiro de ciencia

O mércores 21 de marzo tivemos un obradoiro de ciencia onde probamos varios experimentos coma decantación, evaporación do alcohol, volcáns,etc...
Aquí tedes as fotos dos científicos Obradoiro de ciencia on PhotoPeach

martes, 3 de abril de 2018

Circuitos eléctricos

Xa fixemos unha primeira aproximación aos circuitos eléctricos na clase, así que imos a intentar facer algunha cousa máis creativa. Aquí deixovos algún exemplo ben sinxelo.
Coche propulsado
Coche robot
Cepillo robot
Platiño robot
Pinta robot

viernes, 2 de marzo de 2018

Quincena matemática

Hoxe fumos a biblioteca a desfrutar dos xogos que nos preparou o equipo da biblioteca co galo da quincena matemática. Gustounos moito o xogo dos cubos para poder facer figuras e o novo xogo que hai este ano. A próxima semana volveremos para poder desfrutar de todos. Quincena matemática 6D on PhotoPeach

lunes, 29 de enero de 2018

martes, 23 de enero de 2018

Texto instructivo

Hoxe imos realizar un texto instructivo e para iso imos ver o seguinte vídeo:


https://youtu.be/UKZcCPpbvZA


Tamén imos ler o seguinte documento. Pincha aquí para leer

miércoles, 17 de enero de 2018

Sectores económicos

Aquí vos deixo un vídeo cortiño e moi claro sobre os sectores económicos.
Nesta páxina tedes un pouco de teoría sobre eles e tamén un xogo en liña para comprender algo mellor