martes, 21 de marzo de 2017

Reconquista

Hoxe tivemos unha saída polos sitios históricos da Reconquista. Fumos acompañados polos guías que nos explicaron moi ben os acontecementos da época. Tamén vimos un video e mesmo fomos acompañados por un soldado francés Pierre.

viernes, 17 de marzo de 2017

Bodegóns

Estamos a traballar os bodegóns en plástica. No primeiro enlace veremos unha evolución dos bodegóns. https://www.nga.gov/kids/zone/stilllife.htm En primeiro imos a falar sobre Clara Peeters, pintora flamenca de bodegóns, a quen se lle adicou fai uns meses unha exposición no museo do Prado.

martes, 14 de marzo de 2017

Oficios tradicionais: Costura e encaixe de bolillos

Onte tivemos a sorte de contar cunha charla sobre a costura e o encaixe de bolillos.
A primeira charla déunola Laura, a nai dunha compañeira nosa. Falounos de cómo se confecciona unha prenda dende os seus inicios: o deseño, o patronaxe e a costura.
Trouxo algunhas das prendas que fixera pero a que máis nos gustou foi o seu vestido de noiva.
Despois a avoa dunha compañeira de terceiro falounos do encaixe de bolillos. Ensinounos algunha dos seus deseños e mesmo deixounos palillar.