viernes, 10 de mayo de 2019

Antonio Fraguas Fraguas- Letras Galegas

O próximo venres 17 celebrarémolo día das Letras Galegas. Este ano está adicado a Antonio Fraguas Fraguas. Se premes no seu nome poderás aprender del cos xogos en linea do Seminario Galán.

martes, 7 de mayo de 2019

Quedada literaria- Xan sen medo

O próximo 10 de maio temos a quedada literaria en Castrelos. Despois de compartir unha lectura con outros colexios de Vigo, cantaremos a canción de Xan sen Medo de Luis Vallecillo.

jueves, 25 de abril de 2019

Tempo atmosférico

Imos a traballar o tempo atmosférico, así que imos a ver este pequeño video da eduteca para traballalo.

martes, 23 de abril de 2019

Día do libro

Hoxe celebramos o día do libro cos apadriñamentos lectores. Xuntámonos cos padriños e madriñas de 4ºC para ler un libro conxuntamente na biblioteca. Mirade que guapos saímos!

viernes, 1 de marzo de 2019

Festa do Entroido

Hoxe 1 de marzo celebrámolo Entroido por todo o alto. Despois de traballar un pouco na clase, fixemos un obradoiro de carautas.Para recuperar forzas desfrutamos dunha rica merendola coas orellas e filloas que trouxeron as familias. Moitas grazas pola vosa colaboración! Aí vos van as fotiños! Entroido on PhotoPeach

martes, 26 de febrero de 2019

Museo Liste

O mércores tivemos unha saída ao museo Liste onde aprendemos máis sobre o Entroido galego e os diferentes traxes que hai. Tamén ensináronnos a facer as carautas das Bonitas. Pasámolo moi ben! Saída ao Museo Liste on PhotoPeach

lunes, 25 de febrero de 2019

domingo, 24 de febrero de 2019

Peliqueiros e Pantallas

Estes días viñeron as profesoras Rosi e Maribel a falarnos do Entroido de Xinzo e de Laza. Trouxéronnos unhas caretas de Peliqueiro e unha Pantalla para explicarnos como é o Entroido alí.

miércoles, 20 de febrero de 2019

Receta de tortas

Tocábanos facer unha receta para o xornal do cole, así que puxémonos mans a obra e fixemos unhas tortas.
Na receita orixinal son con fariña de trigo pero usamos de millo e tamén nos gustaron.
Darvos as grazas a todas as familias por colaborar traendo os ingredientes. Pasárono moi ben e repetiron varias veces.


Receta de tortas on PhotoPeach

martes, 19 de febrero de 2019

Quincena matemática

Quincena matemática 1ºC on PhotoPeach <iframe width="445" height="296" src="https://photopeach.com/embed/c8fm6i" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

miércoles, 13 de febrero de 2019

Descripción de persoas

Aquí vos deixo un enlace con material de Rocío Castro Rodela, mestra de La Ciudad de los Niños, cun esquema para facer descripcións de persoas.

lunes, 11 de febrero de 2019

Charla das mulleres e a ciencia

A pasada semana tivemos unha charla sobre a ciencia dada por tres mulleres do Centro Oceanográfico de Vigo. Faláronnos de moitas curiosidades sobre os animais mariños aprendéndonos cousas como que a idade dos peixes vése nos otolitos, dentes de diferentes cetáceos e incluso trouxéronnos algunha cría de rodaballo para ensinarnos como van cambiando dependendo da súa idade.


.

martes, 22 de enero de 2019

Descripción de animais

Estamos a traballar as características dos animais. Encontrei un blog moi interesante, Lapicero mágico onde está moi ben explicado. Tamén temos un exemplo práctico na páxina de la descripción.

martes, 15 de enero de 2019

Problemas para visualizar as fotos da aula

Ola a todos! Parece ser que non se poden ver as fotos do blog. Tratade de descargar adobe flash que é o que me pide a páxina de photopeach. Tratarei de buscar outro espazo no que non dean tanto problema a visualización. De tódolos xeitos non vos preocupedes que para as familias que así o desexen, pasareilles as fotos a final de curso. Un saúdo, Raquel

lunes, 14 de enero de 2019

Fotos de Nadal

Feliz ano a todos! O último día do curso estivemos moi ocupados cantando panxoliñas, recibindo aos Reis e celebrando una festa na clase. Tivemos concurso de cadeiras musicais, de baile por parellas, de swish-swish… e mesmo de chistes e adiviñas. Deixovos as fotiños para que vexades que ben o pasamos Nadal 2018 on PhotoPeach