lunes, 26 de noviembre de 2018

Quincena do comic

O xoves pasado coñecimos aos padriños e madriñas de 4ºC. Pasamos un bo rato aprendendo sobre personaxes do cómic que viaxaron polo mundo. Velaí as fotiños Quincena do cómic 18/19 on PhotoPeach

viernes, 16 de noviembre de 2018

Fotos da saída do parque

Hoxe fumos ao parque de bombeiros de Teis. Tivemos a sorte de que Jorge, David e Joaquín nos ensinasen as instalación. Primeiro deixáronos probar a mangueira e vimos que tiñan varias posición: unha para baixar a temperatura e outra para atacar o lume. Depois vimos as tesoiras que teñen para poder cortar a chapa nos accidentes de tráfico e tamén subimos ao coche de bombeiros. Tamén nos deixaron baixar pola cucaña e por último fomos ao ximnasio. Pasámolo de maravilla! Fotos bombeiros 1ºC primeira parte on PhotoPeach Saida bombeiros 1º C- segunda parte on PhotoPeach

miércoles, 14 de noviembre de 2018

Parque de bombeiros

Este venre visitaremos cos compañeiros de 1ºA o parque de bombeiros de Teis. Para saber un pouco máis sobre eles pincha aquí. Tamén teñen unha páxina en Facebook na que falan da súa labor coma asociación. Se queredes saber máis de maquinaria de bombeiros tedes aquí un enlace e tamén vos deixo algo sobre a súa historia.

O magosto

O luns tivemos o noso magosto no cole. Pasámolo moi ben comendo castañas e xogando cos amigos. O magosto on PhotoPeach

jueves, 8 de noviembre de 2018

O dia de Samaín

O pasado dia 31 celebramos o Samaín no cole vindo disfrazados. A última hora contamos contos de medo e fixemos trick or treat en inglés con Laura. Samáin en 1ºC on PhotoPeach