lunes, 26 de diciembre de 2016

Repasando Ciencias Sociais e Naturais

Como xa estamos rematando o trimestre comezamos o repaso dos cinco temas que vimos ata agora.
Deixamosvos aquí as presentacións que fixemos na clase

Sistema nervioso
O universo

miércoles, 21 de diciembre de 2016

martes, 20 de diciembre de 2016

Naturais: a fotosíntese

Estes dous vídeos axudaránnos a comprender mellor a fotosíntese.


Video sobre a fotosíntese



Video sobre a reproducción 


martes, 13 de diciembre de 2016

Visita ao Concello

Mañá visitaremos o Concello para saber un pouco máis sobre o que se fai alí e como funciona. Se pinchades na imaxe podedes visitar a web.

Saída Nautilus

O día 14 de novembro tivemos unha saída co Concello para coñecer un pouco máis a historia da nosa cidade.
Comezamos no parque do Castro onde, dende o mirador, explicáronos a batalla de Rande.
Dende alí baixamos ata o que queda do castelo e despois a Casa da Cultura.
Por último fomos ata o Naútico onde vimos a estatua de Xulio Verne.


martes, 22 de noviembre de 2016

Naturais: O aparello locomotor

Na unidade tres de ciencias naturais estamos a estudar o aparello locomotor.
Se pinchas nas imaxes poderás ver algún video relacionado.

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/MB7ayNApLCM" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/KyNVl14_L5Q" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>


viernes, 18 de noviembre de 2016

miércoles, 16 de noviembre de 2016

Lengua: Signos de puntuación.

Vamos a ver ejemplos de frases mal puntuadas y cómo cambian el significado de toda la frase.
Pinchad en la imagen para leer el artículo.

http://verne.elpais.com/verne/2014/10/14/articulo/1413263770_000142.html



No enlace que vos deixo hai exercicios para facer de puntuación.

 https://docs.google.com/document/d/1FLFM4cz1DO5yw8HWgMv9MRK3aSG26QcdpvUmxpCd65M/edit?usp=sharing

martes, 15 de noviembre de 2016

Saída a rúa coa Policía Local

Este martes tivemos unha saída pola rúa coa Policia Local.
Estivemos a repasar as normas de circulación pola rúa e como os peóns debemos cruzar sempre polo paso de peóns. Sorprendeunos moito comprobar como unha grande cantidade de xente cruzaba sen mirar, fóra do paso de peóns, en vermello...
Aprendemos que aínda que crucemos polos pasos de peóns somos moi vulnerables xa que na nosa cidade a maioría das mortes de tráfico son en pasos debidamente sinalizados pero nos que os conductores non pararon.


lunes, 14 de noviembre de 2016

Obradoiro de cómic

Neste curso dende a biblioteca do noso centro estamos a traballar as personaxes feminina que aparecen en moitas historietas como Esther, Lulú, Lisa Simpson... Fumos os padriños do curso de 2ºD e a verdade e que pasamos un bo rato traballando con eles.

As drogas: o alcohol

Na unidade de naturais estamos a estudar o efecto das drogas no noso sistema nervioso.Fai unhas semáns morreu unha nena por inxesta de alcohol,unha drogra moi presente na nosa sociedade e con efectos moi nocivos en grandes cantidades.

 http://www.elmundo.es/madrid/2016/11/03/581b54c422601dae488b456c.html

jueves, 10 de noviembre de 2016

Magosto 2016

O mércores 9 de novembro celebramos o magosto no colexio.
Fumos comer castañas e mandarinas ás 12 da mañá e despois a desfrutar dos xogos tradicionais e animacións.
Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades que ben o pasamos.


viernes, 4 de noviembre de 2016

lunes, 24 de octubre de 2016

Sociais: Clima en España

Na nova unidade de Ciencias Sociais estamos a estudar o clima e as súas variantes.




Exemplos de climogramas:

Clima continental

lunes, 10 de octubre de 2016

jueves, 6 de octubre de 2016

martes, 4 de octubre de 2016

Ciencias naturais: a célula

Xogos sobre a célula http://www.mundoprimaria.com/juegos-conocimiento-del-medio/juegos-celulas/

Sistema solar

Estas semanas estivemos a traballar sobre o sistema solar, así que decidimos estudialo dunha forma máis artística.
Aquí vos deixamos algunhas fotos da clase para que poidades desfrutar das nosas creacións.
Esperamos que vos gusten.


jueves, 22 de septiembre de 2016

domingo, 18 de septiembre de 2016

O universo

Aquí tedes un vídeo sobre o observador astronómico de Roque de los Muchachos. Tamén vos deixo o enlace directo a súa páxina para quen teña curiosidade do que fan alí.Pinchade na foto de abaixo ">
http://www.iac.es/eno.php?op1=2


Para aqueles que teñades irmáns pequenos, podedes ensiñarlles o seguinte video que seguro lles gustará.




Como facer o sistema solar en plastilina

 http://sac.csic.es/unawe/juegos/SISTEMA_SOLAR_PLASTELINA.pdf