jueves, 23 de febrero de 2017

Autorretrato

A semana pasada estivemos a facer autorretratos na clase de plástica. A ver se sodes capaces de recoñecervos


Rosalía de Castro

Hoxe falamos un pouco sobre Rosalía de Castro na clase e lemos dous poemas dela. Un deles foi "Adeus ríos, adeus fontes" e decidimos facer un pequeno experimento.
Imos facer a nosa propia versión deste poema clásico da literatura galega.
Cando o rematemos poñeremos o resultado no blogue.

miércoles, 22 de febrero de 2017

Saída a Pontevedra

Hoxe tivemos unha saída a Pontevedra.
Primeiro fumos cunha guía de visita pola cidade percorrendo algunha das súas prazas máis coñecidas como a praza da Leña, da Verdura, do Teucro...
Tamén vimos a casa do pirata Benito, que aínda de non ter un nome moi temible, soterrou un tesouro na cidade de Pontevedra que aínda non se atopou.
Ás once e media vimos o museo de Pontevedra no que nos deron unha guía de actividades para desfrutar máis da súa exposición.


lunes, 20 de febrero de 2017

Poemas

Este venres pasado fumos a biblioteca a intercambiar libros por poemas.
O xoves animáronse a facer algo de poesía despois de oires a proposta de Xiralibro: No mes de febreiro, cambia un poema por un libro enteiro.
Aquí están as fotos de quen se animou a facer o cambio.



Poemas - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


 Aquí vos deixo unha copia dos poemas que fixeron. A temática é variada: paz, amor, amizade, humor...

miércoles, 15 de febrero de 2017

Ciencias Sociais: a poboación en España

Nesta unidade de Ciencias Sociais imos traballar a poboación de España. Encontrei este xogo que vos pode axudar a repasar as diferentes definicións que estamos a traballar. Para poder xogar clica aquí

Tamén encontrei un bó resumen de un blog do CEIP Indira Gandhi

sábado, 11 de febrero de 2017

Ciencias Naturais: Traballos da cadena alimenticia

Esta semana estivemos a traballar sobre o ecosistema de Vigo. Para iso investigamos primeiro os animais que hai e as súas cadeas alimenticias. Unha vez soubemos sobre qué animal traballábamos buscamos as fotografías e fixemos un documento.
Aquí vos deixo algúns dos traballos feitos. Esperamos que vos gusten.


jueves, 9 de febrero de 2017

Lengua castellana: gentilicios

En la unidad siete estamos trabajando los gentilicios. Os dejo unos enlaces para que podais jugar:
 http://www.cerebriti.com/juegos-de-lengua/gentilicios-espanoles#.WJwiIfrttxA 

 Y si quieres saber un poco más de teoría haz clic aquí.