miércoles, 20 de junio de 2018

Castelo de Soutomaior

E por fín chegou o día... Despois de dous cursos carteándonos co CEIP Outeiro das Penas de Redondela chegou o momento de coñecernos en persoa. Os cursos de 6ºB, 6ºD e 5ºA do noso colexio fomos a coñecer aos nosos amigos por carta no castelo de Soutomaior. Ao principio estivemos un pouco vergoñentos pero mereceu a pena porque pasámolo xenial. Castelo de Soutomaior on PhotoPeach

martes, 19 de junio de 2018

Paracaidas

Hoxe fixémos unha serie de xogos co paracaidas con Fernando. Se pinchades no enlace poderedes ver o video. https://youtu.be/HUccOejs_E8 Paracaidas on PhotoPeach

Charla de Rede de Mulleres

Onte tivemos unha charla da Rede de Mulleres Maltratadas. Faláronnos da importancia da comunicación verbal e non verbal e dos diferentes tipos de comunicación: agresivo, pasivo e asertivo. Ademáis diso fixémos uns cantos xogos de rol que gustáronnos moito.

lunes, 18 de junio de 2018

Avións de papel

O venres recibimos a vista do autor de Avións de papel, Xabier Estévez quen respondeu a tódalas preguntas e dúbidas que tiñamos sobre o libro. Avións de papel on PhotoPeach