martes, 15 de noviembre de 2016

Saída a rúa coa Policía Local

Este martes tivemos unha saída pola rúa coa Policia Local.
Estivemos a repasar as normas de circulación pola rúa e como os peóns debemos cruzar sempre polo paso de peóns. Sorprendeunos moito comprobar como unha grande cantidade de xente cruzaba sen mirar, fóra do paso de peóns, en vermello...
Aprendemos que aínda que crucemos polos pasos de peóns somos moi vulnerables xa que na nosa cidade a maioría das mortes de tráfico son en pasos debidamente sinalizados pero nos que os conductores non pararon.


No hay comentarios:

Publicar un comentario